Fin de semana contra a violencia de xénero en Xinzo

Cartel anunciador do espectáculo INVISIBLES
Fin de semana contra a violencia de xénero en Xinzo
Espectáculo "Invisibles" o venres e Andaina o sábado

Esta fin de semana Xinzo sumarase á loita contra a violencia de xénero.

Este venres, 12 de novembro, A Casa da Cultura será o escenario no que se representará "Invisibles", un espectáculo creado a partir da novela de Montse Fajardo e que mostra historias cun fío común: a violencia de xénero. Será a partires das 20.00 horas.

Para o sábado día 13 de novembro programouse unha andaina baixo o lema “Non peches os ollos”. Comezará ás 10.30 horas na praza Carlos Casares e será un percorrido circular de aproximadamente unha hora