"É a final e quero dar o mellor de min como fixen ata agora"

esme 1
"É a final e quero dar o mellor de min como fixen ata agora"

Esmeralda está a unhas horas de acadar o seu soño e gañar o concurso de canto de Luar

En setembro deu comezo o concurso de canto do programa Luar da TVG e Esmeralda nin se imaxinaba que meses despois estaría na final.

"É unha felicidade enorme ver día a día que isto se vai cumprindo, non foi un ano fácil estiven a piques de deixalo por dúas veces", sinala a cantante.

O certo é que pese as dificultades o seu soño está máis preto que nunca e eso que o de anotarse á proba non foi cousa súa. "A idea de presentarme foi de miña irmá Luci que sempre me está apuntando a todo o que ve relacionado coa música".

Para esta última fase preparou a canción "Campanera" de Joselito, unha composición complicada pero coa que espera conquistar ó xurado. O seu rival, Gonzalo Brea, é un cantante con moita técnica e do cal destaca "para min sempre foi un dos gañadores xunto con Chupi".

Unha ocasión tan especial como a desta noite ben merece un estilismo acorde do que se van encargar como sempre as rapazas da tenda Sugar e as do salón de peiteado Luxury de Xinzo. A única pista é que será unha posta en escea propia dunha final.

esme 3

Esmeralda está vivindo estes momentos previos con moitos nervios pero como sempre a súa xente estará dándolle apoio entre público. "Non teño palabras para agradecer todo o que fixeron por min, dende o meu marido que me apoiou e aguantou como nadie, miña familia, amigos, coñecidos...serían demasiadas gracias e non chegarían".

A cantante de Rairiz de Veiga aspira a gañar o concurso e de ser así levaríase consigo 5.000 euros de premio. O que non faltará será unha celebración con toda a súa xente unha vez que remate o concurso.

Pase o que pase esta noite Esmeralda ten claro que o seu futuro vai estar sobre os escenarios, "este é o meu mundo e seguirei loitando polo meu soño e facendo gozar á xente coa miña voz".