Finde de artes escénicas en Xinzo

Finde de artes escénicas en Xinzo
O venres chegan os monólogos do grupo Aneis e o sábado a obra “As do peixe” REDACCIÓN redac@dendealimia.com Twitter: @Dendealimia Fin de semana intensa...

O venres chegan os monólogos do grupo Aneis e o sábado a obra “As do peixe”

REDACCIÓN redac@dendealimia.com Twitter: @Dendealimia

Fin de semana intensa para os amantes das artes escénicas en Xinzo. Comezarán os rapaces do Teatro Aneis presentando os seus Monólogos 2014 na Sala Clan o venres a partir das 22:30 horas.

E o sábado, continuarán as Xornadas Teatrais coa quenda de Abraplabra Creacións Escénicas, que traen ao escenario da Casa da Cultura contras ás 20:30 horas, “As do peixe”. Unha obra de Cándido Pazó que recibiu o premio de teatro “María Casares 2014”  non só ao mellor texto orixinal senón que tamén á mellor dirección para Cristina Domínguez e á mellor actriz protagonista para Susana Dans.