Fixeron ben en dar un paso ao lado e deixar que entre outra xente con novas ideas (Marcos Argibay)

Marcos Argibay
Fixeron ben en dar un paso ao lado e deixar que entre outra xente con novas ideas (Marcos Argibay)

Candidato a presidir a asociación Civitas e organizar o Esquecemento 2022

Marcos Argibay, será este sábado o presidente da Asociación Civitas Limicorum, responsable a súa vez da organización da festa do Esquecemento. Mantivemos unha pequena entrevista, dous anos despois de quedar a tan solo 7 votos da candidatura que agora dimitiu.

A primeira das nosas preguntas foi a de que por que se volve a presentar para facerse cargo da asociación, despois do manifesto dos motivos da dimisión da directiva anterior.?

Esta é unha festa que lle gusta a todos, os que participan mais ou menos, pero a todo o mundo, ata aqueles que non participan. Tratase de que cada vez se implique máis xente, todo o pueblo, si pode ser. Nos estábamos vendo que si non nos presentábamos o risco que desaparecese era grande, e iso sería unha pena.

Penso que polo tempo que levaban a fronte a anterior directiva, por cansancio ou efectivamente por falla de colaboración, as ideas chegan a escasar e as forzas tamén.Enton fixeron ben en dar un paso ao lado e deixar que entre outra xente con novas ideas e sobre todo con ganas de levar a cabo as ideas propias, por iso nos presentamos.

Neste caso, no noso caso, simplemente é desarchibar cousas que quearon archivadas cando fai dous anos perdemos as eleccións.

Que ten máis problemas, a asociación ou a festa?

Os problemas están na asociación, non na festa en si. Xa fai dous anos que nos detectamos que os problemas estaban na asociación e non na festa en si, que entendemos que sempre saiu ben. Nos neste caso queremos darlle un pulo a asociación para que funcione todo o ano.

Hai que recuperar os premios bispo Hidacio, os obradoiros etc.

Con respecto a festa, está todo inventado.Hai que ver que ideas funcionan noutras festas e tratar de poñelas en marcha aquí, e ver si funcionan.

A festa en si, non ten problemas, subiu nestes últimos anos de participantes e sobre todo de presuposto. Nos o que queremos e darlle unha volta a algunhas cousas, como poden ser os concertos, aos que acude pouca xente, e custan moito. Tamén ás actuacións teatrais que levan moitos anos sendo as mesmas e posiblemente haxa que darlle unha pequena volta.

Repito a festa en si funciona, pero podense probar outras cousas para darlle un pulo.

Á festa en si, este ano, coas gañas que temos despois de dous anos sen ela, seguro que ven moita xente.

Xa haberá cambios este ano?

Argibay
Marcos Argibay

Hai cousas que están tamén mal.Unha das cousas que queremos cambiar é a maneira de desfilar dos castrexos, iso non é un desfile. O primeiro que lle vamos a facer aos socios é ver algúns vídeos dos desfiles dos últimos anos.

Outra das cousas, que xa dixen antes e o tema das obras de teatralización, que xa levan moito tempo sendo as mesmas.

Cal será a primeira actuación de cara a reactivación de Civitas?

Como xa dixen, queremos incidir mais na asociación que na festa e isto vaise notar enseguida.

O primeiro obxectivo é reunirse co Concello para tratar de analizar ese convenio que non arranca, non sabemos si por imposibilidad ou por falta de interlocutores. As veces as cousas non saen porque os interlocutores non son os adecuados. A ver ata donde quere implicarse o concello,.

Si pode ser a semana que ben comezará un taller de coiro, para que aqueles quequeiran poidan facer, rehabilitar os diferentes uniformes. Temso xente que sabe traballar este material e é unha oportunidade que se vai a ofrecer aos socios. A ver como sae.

RODEOUSE DE XENTE VETERANA

Si esta directiva formámola con xente veterana. Placer é dos fundadores da festa. Carmen, leva participando dende os primeiros anos e Ana, tamén forma parte dun grupo histórico do Esquecemento.

Falta de participación dos socios.

A directiva anterior, no seu escrito de renuncia fala da falta de colaboración da maioría dos socios.

A mín pareceume mal, moi mal ese comentario. Iso é botar balóns fora. Ese problema xa se sabía antes. Pero eu preguntome, ata onde se pode pedir a colaboración dun socio?

A min non me parece xusto que se bote sobre eles o peso de organizar, se eles non o fan telo que facer ti, que para iso eres da directiva. A directiva está para aportar ideas, xuntar ideas e despois executalas. O que non é normal e que si ti non recibes ideas dos socios ti pases de todo. Iso non pode ser.

En definitiva, o papel dos socios, non é montar a festa, o papel deles é ataviarse, vestirse e con iso facer festa e facer que teña futuro. Os que teñen que organizar e montar son a directiva, que para iso se presentan, e as vallas e os sacos de basura nas papeleiras etc, haberá que buscar quen as monte.