A Fornada: algo máis que pan tradicional

A Fornada: algo máis que pan tradicional
Ademais de pan tamén de dedican a servir comidas sanas e a realizar actividades culturais

Fai case 17 anos cando Ana Mar Rodríguez coñeceu ao seu marido Zachary Bass en Sevilla e deixou o seu traballo como funcionara para Xunta de Andalucía para vir a Xinzo de Limia. Unha de Monforte e outro de Estado Unidos emprenderon un futuro de vida xuntos realizando pan tradicional e formando unha familia ao mesmo tempo.

65821078_1068678853523031_7902443557795921920_n

A súa paixón comezou polo consumo de produtos ecolóxicos e a partir de aí decidiron crear o seu propio negocio baixo o nome de ''A Fornada''. Con pouco máis que unha casa en ruínas chegaron a Trandeiras, lugar que lles encantou pola cantidade de carballos e pola proximidade con Xinzo de Limia. Ao principio non foi sinxelo xa que ademais de reconstruír a casa dende cero con fondos propios, lles resultou difícil encaixar nun sitio onde ninguén os coñecía.

Por medio de Facebook e de carteis foron dándose a coñecer e mesmo crearon un grupo de whatsapp onde a xente lles fai encargos, porque ademais de pan tamén de dedican a servir comidas sanas e a realizar actividades culturais, ‘’nos interesa mucho la cultura y sobre todo organizar cosas para unir a la gente y fomentar la cultura en el rural’’. Entre estas actividades destacan clases de debuxo, obradoiros de pan, galletas, pizzas... mesturadas, inclusive, con clases de inglés ao ser Zachary mestre do idioma. Admiten que o seu obxectivo é crear un ambiente acolledor procurando tratar á xente de maneira persoal para que se sinta cómoda.

Agora están a reformar outra casa preto da súa localización actual e de aquí a uns anos esperan que o seu negocio siga crecendo para estar máis preparados para atender mellor á xente.