A Fundación Curros Enríquez busca recuperar un libro do século XVII sobre o Apóstolo Santiago

I certamen CHEF en celanova2
A Fundación Curros Enríquez busca recuperar un libro do século XVII sobre o Apóstolo Santiago

O libro foi escrito por un celanovés e perseguen fondos para a súa recuperación.

A Fundación Curros Enríquez iniciou hoxe unha campaña de concienciación para a adquisión do libro máis antigo escito por un celanovés: Mauro Castellá Ferrer, que en 1610, publicou a "Historia del Apóstol Santiago Zabedeo, Patrón y Capitán General de las España".

Cumpre así a Fundación Curros Enríquez un terceiro obxectivo, quizais o máis importante no fondo, que é o de promocionar a vida e obra dos escritores celanoves, neste caso dun dos máis descoñecidos, Mauro Castellá Ferrer.

O inicio desta campaña tivo lugar na Praza Maior de Celanova onde, aproveitando a celebración da feira semanal, se colocou unha furna e se empezou a informar ós veciños, que se paraban con curiosidade ante esta iniciativa. Trala colocación de carteis, continuarase a campaña cunha serie de accións nas redes sociais da Fundación Curros Enríquez que irán ampliando a información sobre o autor, a obra e concienciar da súa importancia para o noso patrimonio literario.

O traballo inclúe unha interesante biografía de San Rosendo, así como unha valiosísima descrición do edificio monacal de Celanova denantes da reconstrucción da fábrica actual que chegou ata os nosos días. Polo relato de Castellá Ferrer intuímos cómo podía ser un edificio do que non se conservan planos nin outros documentos descriptivos. Ademais, tamén se detén na figura do discípulo de Santiago, San Torcuato, do que se conservan restos no mosteiro de San Rosendo.

Sinatura dun convenio entre Consellería Cultura e a Fundación Curros Enríquez

Para cumprir o obxectivo económico poderase colaborar directamente na Casa dos Poetas aportando a cantidade que cada persoa desexe, realizando un ingreso na conta ES13-2080-5292-8330-4003-4277 ou achegándose ata o posto que estará os xoves pola mañá na Praza Maior durante o mes de febreiro.

O CELANOVÉS QUE MÁIS SABÍA DO APÓSTOLO SANTIAGO

Mauro Castellá Ferrer naceu en Celanova en 1567. Tal e como desvelan os seus apelidos, as súas orixes non son galegas. O seu pai chegou a Celanova en 1558 da man do seu tío Andrés de Luzón, freire da Orde de Santiago, trala súa nomeación como Pertigueiro do Mosteiro de Celanova.

Discípulo de Frei Luís de León, mentres estudaba leis en Salamanca, Mauro Castellá Ferrer decidiu abandonar a senda paterna para tomar o camino profesional do exército. En 1588 participa na expedición da Armada Invencible a Inglaterra como capitán para posteriormente ser nomeado por Felipe II cabo das compañías do Estado en Celanova e terras de Ourense.

A historia do apóstol Santiago constituíu a súa obra vital, pola cal chegou a arruinarse completamente. O proxecto editorial estaba composto por tres volumes. Só conseguiu publicar o primeiro, editando un milleiro de exemplares. Entredito por algún estudosos do Apóstol, para outros constitúe unha obra que serviu para reforzar o culto a Santiago.

Mauro Castellá Ferrer falece en 1612, dous anos despois de ver publicada a súa obra.