"O fútbol é negocio, deporte, espectáculo e relixión"

mandianes
"O fútbol é negocio, deporte, espectáculo e relixión"

Manuel Mandianes presenta o seu traballo máis recente "El fútbol (no) es así"

O escritor de Loureses acaba de presentar o seu último libro "El fútbol(no) es así", da edición Sotelo Blanco. mandianesTras sete anos de investigación, recolle todo o que non apreciamos a simple viste sobre un dos deportes máis populares do mundo, aborda o fenómeno social que supón o fútbol en si. Decidiu levar a cabo este proxecto tras observar que todo mundo sexa seareiro ou non, nalgún momento da súa vida fala deste deporte e tamén tras ver a súa repercusión en eidos como a política.

Na portada podemos apreciar un balón roto como se fose un ovo, unha metáfora que usa Mandianes para "amosar o que ten dentro: marabillas, horrores, trampas, encantos, que nos fan deixar de ser quenes somos para converternos por momentos, en quenes quixéramos ser", recalca o escritor. Mantén que o fútbol é a versión actual da traxedia grega e do teatro clásico.

Sobre todo esto e outros aspectos, fala Manuel Mandianes neste último traballo que se divide en tres partes. A primeira delas "o escenario", a segunda "as estrelas, (os futbolitstas e o entrenador e algúns personaxes escuros)", e a terceira "a comedia". O prólogo do libro está escrito polo xornalista de deportes de TVE, Sergio Sauca.