Globos ao ceo en Xinzo polos 25 anos da Fundación San Rosendo

Festa residencia Sta Mariña
Globos ao ceo en Xinzo polos 25 anos da Fundación San Rosendo

En todos os anos de historia do centro residencial chegou a celebrarse o divorcio de dúas persoas internas. Pero aínda non se logrou que houbera casamento algún.

A Fundación San Rosendo, que xestiona gran parte das residencias da terceira idade do sur de Ourense, celebrou onte o seu 25 aniversario. Fíxoo cunha solta de globos en todas as súas residencias. Tamén na de Xinzo. En todas se realizou á mesma hora, as 16 horas da tarde.

Instantánea - 10

A directora do centro de Xinzo, Elena Casado, manifestou a súa satisfacción polo traballo que a fundación desenvolve no rural limián e noutras zonas da provincia. Na actualidade, na residencia Santa Mariña traballan 18 persoas, incluíndo fisioterapeutas, enfermeiras... 52 maiores da comarca atópanse internos no centro, que funciona as 24 horas do día e atende a unha vintena de persoas dependentes. 15 das súas prazas están subvencionadas pola Xunta de Galicia, e acollen a maiores de todas as partes do país.

Como anécdota do día, lembrouse que en todos os anos de historia do centro residencial chegou a celebrarse o divorcio de dúas persoas internas. Pero aínda non se logrou que houbera casamento algún.