Goberno e Medio Rural estableceron hoxe os medios para o control da praga da pataca

mediorural
Goberno e Medio Rural estableceron hoxe os medios para o control da praga da pataca

Prohíbense os movementos de pataca que non cumpran coa normativa e poderán ser sancionados con multas de entre 300 e 3.000 euros, así como coa inmovilización do vehículo.

O delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, reuniuse esta mañá coa conselleira do Medio Rural da Xunta de Galicia, Ángeles Vázquez, para tratar a aplicación do programa nacional para o control e erradicación da couza guatemalteca, publicado por Real Decreto o pasado 3 de marzo de 2017.

Así, no encontro púxose de manifesto a prohibición tanto de plantar como de transportar pataca procedente dos concellos afectados. A estes efectos estableceranse campañas especiais de control e información nas zonas afectadas e extensible a todo o territorio galego, que serán realizadas por axentes da Garda Civil e da UPA.

Segundo a resolución da Xunta de Galicia pola que se desenvolve o Real Decreto, na comunidade galega están delimitados 31 municipios (máis 5 limítrofes, como zona tampón), que constitúen a área infestada e nos que se ha prohibe a que se cultive pataca durante un mínimo de dous anos.

Nestes concellos queda prohibido que as patacas producidas sexan almacenadas e transportadas, a excepción do trasladado con identificación, baixo control das forzas de seguridade, ás zonas determinadas para a súa destrución. Se o traslado de produce sen a documentación necesaria considerarase que pertencen a algunha zona infestada, o que motivará que sexa destruídas.

O transporte deste alimento sen a documentación correspondente pode derivar en sancións, multas de entre 300 e 3.000 euros, así como a inmovilización do vehículo e a destrución da pataca transportada.

Na reunión, realizada na sede da Delegación do Goberno na Coruña, estiveron presentes o xeneral xefe da XV da Garda Civil, Anxo Alonso; o xefe do sector de tráfico da Garda Civil en Galicia, Francisco Javier Molano; e o coronel da Garda Civil, Calixto Villasante. Así mesmo asistiron a directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén Docampo. Por parte da Unidade da Policía Nacional Adscrita a Galicia (UPA) estaba o comisario, Silverio Branco, todos implicados nos labores de control para a eliminación.