Gonzalo Iglesias Sueiro elixido docente exemplar ourensán 2016

sueiro
Gonzalo Iglesias Sueiro elixido docente exemplar ourensán 2016

O mestre de Xinzo recibirá o recoñecemento no inicio do vindeiro curso escolar

O sindicato independente ANPE recoñece a Gonzalo Iglesias Sueiro como docente exemplar da provincia.sueiro

A elección contou co apoio unánime de máis de 20 persoas entre cargos de dirección, persoal da inspección educativa e persoas de recoñecido prestixio no eido educativo de toda a provincia e de tódolos niveis educativos.

O mestre e ex-Director do CEIP Rosalía de Castro será o protagonista dun acto solemne que coincide co inicio do curso escolar 2016/2017. Con motivo do Día do Docente terá lugar unha homenaxe a todo o profesorado xubilado de este e do pasado ano na provincia.

O acto está por ANPE Ourense en colaboración co Defensor do Profesor, a Asociación Psicopedagóxica Galega Alezeia e o Campus Auriensis e contan co patrocinio da Deputación e o Concello de Ourense.