O grupo MEL, recordalle ao Conselleiro, as súas promesas de fai un ano

Aspecto do río Limia este mércores ao seu paso polo centro de Xinzo -29.0.2023
O grupo MEL, recordalle ao Conselleiro, as súas promesas de fai un ano

O día 2 de setembro de 2022, o conselleiro de Medio Rural, José González, anunciou durante a inauguración de Alimagro en Xinzo de Limia, que o goberno galego presentará o PEL, o Plan Estratéxico da Limia, durante aquel mes.

Pasou un ano e do PEL nada soubemos nada. Pasou un ano e o conselleiro virá a Xinzo inaugurar Alimagro, e fará máis promesas.

A triste realidade é que os habitantes da Limia teñen que mercar auga embotellada porque maioría dos pozos da chaira da Limia están contaminados por nitratos e bacterias procedentes das explotacións agrogandeiras que non xestionan adecuadamente os residuos que producen.
As probas visible destas afirmacións témolas, ademais das analíticas oficiais, na canle da Lagoa e no río Limia que están a funcionar como autenticas depuradoras biolóxicas, contribuíndo a minorar o grave problema de contaminación que padece o encoro das Conchas.


O Limia é o río do Esquecemento, nunca mellor dito. O Limia ficou esquecido por completo polo señor conselleiro, polo presidente da Confederación Hidrográfica, polos alcaldes e, o mais triste, polos propios habitantes da comarca que calan e aceptan como algo inevitable a lamentable imaxe do noso río moribundo.
O maior tesouro que temos na Limia de cara un futuro climático incerto e o grandioso acuífero que temos baixo os nosos pés. O intelixente sería impedir que se degradade máis.

Aspecto do río Limia este mércores ao seu paso polo centro de Xinzo (2)
Aspecto do río Limia este mércores ao seu paso polo centro de Xinzo -29.08.23

E se do PEL nada sabemos, tampouco se sabe nada das medidas que debería estar tomando o goberno galego para declarar A Limia como zona de augas vulnerables pola contaminación.
E se do PEL fai un ano, destoutro fai ano e medio, cando o MITECO incluíu a comarca no mapa de augas vulnerables e empezou a correr o prazo (de 3 anos) para que a Xunta elabore a declaración e tome as medidas necesarias para limitar a contaminación.


Por todo isto, na véspera da inauguración de Alimagro, por se aparece o conselleiro, desde o MOVEMENTO ECOLOXISTA DA LIMIA queremos advertir unha vez máis (1º) que nada se fixo neste ano a respecto da contaminación das augas da Limia e do río, (2º) que os problemas que producen esa contaminación seguen sen se resolver, e (3º) que nada sabemos nin do plan estratéxico nin da declaración de zona vulnerable.
E por si interpelamos ao señor José González a través dos medios de comunicación:

  • Onde está o PEL? En que consiste e cando se vai poñer en marcha?
  • Que traballo fixo a Xunta a respecto da declaración de zona vulnerable, que é unha esixencia de Bruxelas?
  • Onde está a planta de tratamento que se acordou na Mesa da Limia?

O MEL considera que as veciñas e veciños da Limia, os agricultores e os gandeiros, e os representantes políticos que de verdade se implicaron na Mesa da Limia e as alcaldesas e alcaldes desta comarca, por obriga dos seus cargos, deberían trasladarlle ao señor conselleiro estas mesmas preguntas e a inquedanza que provoca a falta de respostas.