Habitación Vudú presenta "Flores Falsas" na Arca de Noe

habitacionvudu
Habitación Vudú presenta "Flores Falsas" na Arca de Noe

Habitación Vudú segue coa súa xira de concertos coa que levan percorrendo toda Galicia. Durante o verán pasaron polos escenarios de festivais tan destacados como o Cultura Quente de Caldas de Reis onde compartiron carteis con grupos destacados do panorama musical, a nivel nacional e internacional. Fóra de Galicia tamén comezan a soar, estiveron en Montealegre abrindo o concerto da banda lusa The Gift e tamén pisaron o escenario da sala Tararí de Ponferrada.

Desta volta visitan a súa terra a Limia e presentan o seu traballo "Flores Falsas" na Arca da Noe, en Vilar de Santos.

Justo Freiría á batería, Rubén Seoane ó baixo, David Fernández encargado dos sintetizadores e programacións, Jose Freiría, voz e guitarra e Jacobo Rubín guitarra e os coros, todos eles en concerto o venres 30 ás 22h.