Xinzo conta cun novo lugar para comer ou tapear e chámase Fiori

230
Xinzo conta cun novo lugar para comer ou tapear e chámase Fiori

Rexéntao Silvia Fernandez , unha zamorana cuxa primeira característica é a alegría que transmite

Instalouse en Xinzo por ser un pobo bonito, alegre e con moitos rapaces

229Ela tiña un local deste mesmo estilo en Puebla de Sanabria, aínda que un pouco mais pequeno. Todo ía ben ata que o dono do local se lle ocurriu a feliz idea de subir o aluguer un 300%. Estaba claro, desa maneira a decisión era fácil de tomar.

A que non foi fácil de tomar foi a solución ao meu futuro laboral e o da miña familia, que somos moitos. A miña parella, eu ,os meus dous cans e un gato.

Eu xa tiña preparada a Semana Santa, pero o caseiro foi o que me obrigo a coller o petate.

Despois de moitos choros e enfermidades, a miña decisión foi a única que podía ser. Tirar para adiante.

Galicia sempre nos gustou e entón dedicámonos a mirar sitios e ata chegar a Xinzo.

Cando chegamos aquí sorprendéronnos moitas cousas. O primeiro, o bonito que é o pobo e comparado con Poboa, vimos un pobo con moita vida e sobre todo con moitos nenos.

Encántanos ir á Praza Maior e á do Concello que está sempre chea de nenos, polo menos nesta época.

Vimos moitos locais e a xente sempre nos dicía que cara á zona dos viños, pero de todos os que estaban libres e que necesitasen pouca reforma foi este o que nos \“encheu o ollo\”. A partir de aí, todo foi rodado, sobre todo porque xa me comprei unha bicicleta para asemellarme mais a tódolos rapaces e non tanto. Deime conta que aquí todo o mundo anda en bicicleta, e eu non quero ser menos.

NON QUEREMOS SER UNHA HAMBURGUESERÍA MAIS

Ata chegar á apertura percorrémonos todas os bares, tascas e restaurantes da vila, nos cales todo o mundo tratounos moi ben. En cando lle comentabamos as nosas intencións á xente parecíalle ben, e tratounos de axudar e botar unha man.

Nós non vimos competir con ninguén, simplemente a ofrecer un produto que polo que vimos, somos un pouco diferentes.

Nós non vendemos hamburguesas, ofrecemos as mellores hamburguesas caseiras que se poden comer nun sitio como este. Son feitas como as podemos facer na casa e por suposto co mesmo mimo e agarimo.

CREPS E TORTITAS DE OVO CASEIRO

Outra das nosas ofertas estrela van ser as \“creps\”e tortitas totalmente caseiras e por suposto con ovos caseiros.

A COMIDA CASEIRA, DE CALIDADE E FEITA NO ACTO

228

Os xeados foron a estrela para os rapaces o primeiro día

Tapas, hamburguesas e racións feitas ao momento e con produtos de porco ibérico con matanza caseira que traemos da zona de Zamora.

Non van faltar os bocadillos dunhas dimensións considerables e cheos de produtos naturais.

COMIDA A MEDIODÍA E CEA

Ademais da taparía tamén ofreceremos tres ou catro pratos combinados que van ser o \“falar\” de todo o mundo a un prezo e dunha calidade , á cal só se pode chegar se é un mesmo, neste caso eu, a que faga as cousas.

A ALEGRÍA DETRÁS DUNHA BARRA

235Hoxe a hostalería, do mesmo xeito que outros negocios , está falto de alegría e caras riseiras. O normal é entrar nun establecemento e polo motivo que sexa, os camareiros, dependentes etc, hai que loitar con eles para que ademais do produto que solicitas che den tamén un sorriso, que che alegre a mañá. En FIORI, iso está garantido. Disto e algo do que podemos dar fe. De todo non, posto que non nos deu tempo a probar todas esas especialidades das que nos fala Silvia.

SILVIA E e a súa\” familia animal\”

Para coñecer un pouco mais a personalidade desta zamorana e xa veciña de Xinzo, decatámonos do amor cara aos animais e en concreto ao seu can Golden.

Cando un noivo que tivo preguntoulle que como quería o anel de compromiso, ela contestou que prefería un can, que iso se era de mais compromiso. A min os animais, non me poden gustar máis.

Eu aquí non teño familia, non teño amigos, aínda. Vimos con moita ilusión, estamos moi contentos e desde logo o único que podemos dicir é que a xente nos axudou moito, son moi moi amables e o pobo é moi alegre. O que imos facer é devolver todo iso en forma de boas tapas, boas racións e moito, moito cariño.

FIORI atópase na Rúa Marcelo Macias, 21