A historia dun pobo tamén se escribe nos seus bares.

Bar Lulo-Xinzo
A historia dun pobo tamén se escribe nos seus bares.
Mañá cumpre 50 anos o bar máis típico e máis atípico da historia de Xinzo

Si dicimos en Xinzo, na Limia, en Ourense e ata en Vigo o nome de Lulo, todo o mundo o identifica e si dicimos o Chicho, todo o mundo o coñece.

Chicho é o último herdeiro dun bar que se abriu en Xinzo, fai mañá 50 anos, por seus pais, e durante eses 50 anos, somentes cambiaron a decoración, a cristalería e as mesas, pero o estilo que lle deron seus pais está intacto.

20231019_191404
Chicho sinala o teito do bar antíguo

NUNCA SE DERON PINCHOS

Si algo caracteriza a calquera bar de viños, aparte das bebidas son o acompañamento, pois resulta que no Lulo, xamais se fixo unha tortilla ou unha empanada. Iso si, nos anos 90, que o bar estaba na planta baixa, e algúns tiñan verdadeiras dificultades para baixar, por exemplo os do equipo de baloncesto que non cabían de pe. Tamén os xogadores do Antela, Prol Desiderio, viñan ao rematar o partido e como o bar estaba cheo subían para a casa e miña nai tíñalle preparada unhas tortillas coas cervexas e ao baixar xa lles facían a conta do que beberan. “Sempre foi un bar de pueblo moi familiar”

Para o sábado están invitados os amigos do Lulo que son incontables e para que ninguén se quede sen comer asaranse 2 porcos ao espeto.

O PRIMEIRO VIÑO AOS 4 ANOS E SOLO DENDE FAI 10 ANOS.

20231019_192658
Bar Lulo, o refuxio de xente de todas as idades

Chicho comezou a súa andadura como camareiro con 4 anos, subido a unha caixa de cervexas e aos sete, xa atendía a todos, despois do cole. Hoxe todo funciona como durante estes 50 anos. Os clientes veñen a tomar e se queren poden traer chourizos, pizzas ou o calquera outra vianda, alí so se sirve bebida. A clientela vai dende os mozos de instituto ata os maiores ata os 100.

Chicho segue dicindo que este é un bar moi especial, ti podes vir a hora que queiras que aínda que veñas solo, sempre hai alguén con quen falar. Agora xa non hai partidas.

AGASALLO ESPECIAL DE ESTRELLA GALICIA

20231019_191757
Agasallo de Estrella Galicia polos 50 anos servindo a súa cervexa

Estrella Galicia quixo tamén estar presente neste aniversario enviándolle dous agasallo que Chicho agradece persoalmente e que recorda que dende o primeiro día que abriu xa tiñan esa marca de cervexa.

MÚSICA E COMIDA

Mañá sábado a festa durará todo o día. Ninguén quere perder este acontecemento que quedará marcado na historia de Xinzo. A música tradicional estará da man de Lirolaio e a charanga Achicoria, o ritmo de tambores levarano Xituma Batuke e a música rock porana Recambios Tucho.

20231019_192653
Tamén o Lulo é a sede dunha peña do Celta dende fai moitos anos.

O Lulo seguirá sendo o bar de referencia para outras moitas xeracións, tanto a diario, nas festas e por suposto no Entroido, parada obrigada para todo o mundo que sabe como desfrutar o Entroido de Xinzo. Xeracións que empezan cos de 15 e rematan cando un deixa de ir polo motivo que sexa, o bar evolucionou e evoluciona en todo, menos en que solo hai bebidas,

nunca se deron pinchos, e así seguirá sendo.