Esta mañá na casa de Cultura de Baltar, houbo unha reunión de representantes dos moitos sectores afectados pola nova instalación de torres eólicas e de alta tensión na serra do Larouco. Asistiron tamén o alcalde de Baltar, que unha vez máis declarou que el non sabía nada deste proxecto e que esperaba que de agora en adiante sexa informado directamente pola empresa e a alcaldesa de Xinzo Elvira Lama declarou que o Larouco e unha xoia que pertence a toda a Limia e polo tanto hai que preservala.
A EMPRESA NON QUIXO FACER DECLARACIÓNS, SOLO OS TÉCNICOS QUE ASISTIRON A REUNIÓN.
Segundo publica La Región e Telemiño, os técnicos redactores non sabían que no Larouco se facía parapente e mostraron a intención de estudar alternativas, tanto para os novos “muiños” como do tendido de alta tensión, para que afecte o menos posible, non solo ao parapente, si non tamén as outras actividades, como pode ser a apicultura.