O IES Cidade de Antioquía destaca pola súa ampla oferta formativa, dende ESO e Bachiller ata Formación Profesional e educación para adultos

IES-Cidade-de-Antioquia
O IES Cidade de Antioquía destaca pola súa ampla oferta formativa, dende ESO e Bachiller ata Formación Profesional e educación para adultos

O centro educativo tamén facilita a obtención do título de secundaria a maiores de 18 anos e aos mozos de máis de 16 con circunstancias excepcionais que lles impidan realizar os estudos polo réxime ordinario

Nunha época na que a Formación Profesional se consolida como unha opción a ter moi en conta de cara á inserción laboral, o IES Cidade de Antioquía de Xinzo destaca pola súa oferta co ciclo de FP Básica Electricidade e electrónica e co ciclo medio de FP Dual Produción Agropecuaria. No primeiro caso, os requisitos para ser admitido son que o estudante sexa proposto polo equipo docente; o consentimento do pai, nai ou titores legais; cumprir 15 ou 16 anos no ano de inicio do ciclo e ter cursado terceiro de ESO ou, excepcionalmente, segundo. O proceso de admisión comeza en setembro. O ciclo medio de Produción Agropecuaria abre en xuño o prazo de matrícula e permitirá aos alumnos realizar prácticas formativas remuneradas en empresas.

Outra das singularidades do IES Cidade de Antioquía é a súa oferta de Educación Secundaria para Persoas Adultas (ESA). O prazo para inscribirse tamén se inicia o próximo mes de xuño no réxime ordinario. Os destinatarios son as persoas maiores de 18 anos que desexen obter o título de graduado en educación secundaria e aqueles mozos maiores de 16 anos con contrato de traballo ou circunstancias excepcionais que lle impidan realizar os estudos polo procedemento ordinario. Tal e como se establece na organización do curso, o módulo 3 impartirase no primeiro cuatrimestre e o 4 no segundo.

Os interesados obterán máis información na páxina web http://www.edu.xunta.gal/centros/iescidadeantioquia.