O Instituto de Beleza Saxa celebra 20 anos de vida en Xinzo

saxa
O Instituto de Beleza Saxa celebra 20 anos de vida en Xinzo

Isaura Caramés abriu o seu negocio hai 20 anos en Xinzo e agora pode presumir de ser unha profesional que non para de traballar por e para a estética. "Sempre trato de buscar novidades para ofrecerlle o mellor á miña clientela" salienta.

O Insituto de Beleza Saxa destaca por ser un espazo onde se poden atopar as últimas novidades no mundo da estética, agora centradas no equilibrio da saúde mental e física. "Foron 20 anos de moitos cambios nos que comecei traballando con vapor de ozono para facer unha limpeza facial a pasar a usar infinidade de métodos e tras tratar con moitas técnicas agora apostamos polo natural", destaca a dona deste establecemento situado na rúa Vicente Risco de Xinzo.

O certo é que en Sasha non paran de entrar tratamentos novos. A última incorporación consiste na "Therapy Cool", unha máquina que se basea nos contrastes térmicos para perseguir un fin: se logramos o benestar interior o organismo funciona e eso repercute na beleza exterior. Os cambios de temperatura conseguen efectos que conlevan á mellora da circulación, modelación e reafirmación así como eliminación de toxinas. saxa

Isaura Caramés conta coa axuda de Yolanda Montero e entre as dúas sacan adiante o centro de estética que está de aniversario. A fórmula para continuar en auxe é afrontar cada día coa emoción e gañas de traballar como si fose o primeiro.nPara conmemorar tantos anos de vida ó longo desta semana a xente que se achegue por Saxa poderá gozar de diversas sorpresas.

"Quero agradecer a toda clientela, tanto os veteranos como os novos como aqueles que xa non veñen porque de todos aprendín no seu momento. Por súposto agradecer o apoio que sempre e mostrou a miña familia e a miña compañeira incansable Yoli. Tamén quero agradecer ós comerciais e toda a xente coa que traballo día a día así como ós profesores e escolas que me siguen formando", destaca Isaura.