Integración social para os cativos

Integración social para os cativos

Medio milleiro de alumnos e alumnas dos CEIP de Xinzo asistiron a unha sesión de cine na que aprenderon leccións sobre a integración social

Medio millar de alumnos dos CEIP Carlos Casares e Rosalía de Castro de Xinzo de Limia asistiron a unha lección de igualdade. Os pupitres cambiáronse por butacas de cine para aprender a importancia da integración das persoas con síndrome de Down. Cos cativos como público e na Casa da Cultura proxectáronse varias sesións da película titulada Valentina, que trata dunha nena que soña con ser trapecista, pero que cree que nunca poderá conseguilo por ter síndrome de Down. Esta actividade na que participaron os alumnos de Xinzo de Limia foi programada polo Concello, en colaboración coa Deputación de Ourense. A película é un canto á igualdade, unha posta en valor da integración na sociedade das persoas con diversidade funcional da que moito se pode aprender.