A Lagoa de Antela protagonista do concurso de micro relato dunha libraría de Allariz

Imaxe da Lagoa de Antela décadas atrás.
A Lagoa de Antela protagonista do concurso de micro relato dunha libraría de Allariz

A libraría Aira das Letras de Allariz organiza a V edición do seu concurso de micro relato. Desta volta a Lagoa de Antela é a protagonista do certame de temática fantástica.

As persoa que queiran participar poden enviar os seus relatos ata o 30 de setembro e optar ós premios que consisten nunha cesta con produtos de Allariz e un lote de libros. Os gañadores serán elexidos polo público e polo xurado.

O relato deberá ter como máximo 170 palabras en galego e contará cun título e texto. Polo momento hai xa 5 micro relatos presentados a concurso.

Para participar cómpre entrar na páxina web de Aira das Letras e rexistrarse nela.