A Limia, comarca líder en producións cerealísticas, de pataca ou carne

foto limia 1
A Limia, comarca líder en producións cerealísticas, de pataca ou carne

Os sectores agrícola e gandeiro supoñen a principal fonte de riqueza para a comarca da Limia, que é líder en produción de cereais, pataca ou carne

Os sectores agrícola e gandeiro supoñen a principal fonte de riqueza para a comarca da Limia, que é líder en produción de cereais, pataca ou carne, de aí que un dos obxectivos polos que traballa Adegal sexa promover o seu desenvolvemento, sempre en harmonía co resto de sectores da comarca.

foto limia 1Así, en agricultura, os principais cultivos da zona son os herbáceos, que suman 17.000 Ha. En particular son os cereais de gran, trigo e centeo, os mais sementados. Considérase o graneiro de Galicia e nesta produción baséase a IXP “Pan de Cea”. Á marxe destas producións cerealistas, se algo caracteriza á agricultura da zona é a produción de pataca, que é sen dúbida a mais importante de Galicia. A superficie sementada neste territorio agrupa 3.500 Ha das terras cultivadas. A importancia no volume está acompañada por unha produción de calidade baixo a Indicación Xeográfica de Pataca de Galicia.

En gandería, destaca a produción de porcino. Os animais censados desta especie agrupan un 17% dos efectivos totais de porcino en Galicia. Se a análise se realiza a nivel da provincia, pódese observar a importancia da comarca en Ourense. Aporta a metade do porcino, o 37% das aves, 24 % de ovino, o 22% das coellas nais, o 11 % do equino e o 20% do bovino. Neste último subsector, a especialización na produción de carne leva a criar un 15% do que se certifica a IXP “Tenreira Galega”.

A diversidade da economía industrial e de servicios na zona reflexa o interese social na agricultura e na gandería. Neste sector da actividade hai máis de 50 empresas con uns 350 empregos de carácter directo. Entre elas cabe subliñar: 13 almacenistas envasadores de pataca e produtos hortícolas, 2 fábricas de pataca frita, 7 empresas de fitosanitarios, 4 almacenistas de cereal, 3 clínicas veterinarias, 8 almacéns de abonos, 6 concesionarios de maquinaria agrícola, 7 talleres de reparación de maquinaria e venta de material de rego, etc…

Soamente o sector dos almacenistas envasadores de pataca dá traballo a mais de 100 persoas, dispón de 20-25 vehículos de transporte, con maquinaria de envasado por valor de 10 millóns de € e unhas instalación cubertas superiores a 45.000m2.

As granxas que o grupo COREN ten na comarca tamén crean unha actividade industrial e de transporte a centros de procesado e plantas de elaboración.

Claramente, estamos nunha zona con vocación agraria, na que está consolidado como un modo de vida e unha fonte de riqueza. Ademais, o alto grado de profesionalización do sector fai que se traballe con técnicas e tecnoloxías punteiras, sempre co máximo respecto ao entorno, garantindo un futuro para as futuras xeracións na comarca da Limia.