A limiá Laura Seara, dirixente da Xestora do PSOE, chama "feos" a dous sanchistas

laura-seara-sobrado HORIZONTAL PORTADA
A limiá Laura Seara, dirixente da Xestora do PSOE, chama "feos" a dous sanchistas

A dirixente da actual Xestora do PSOE desculpouse horas despois, tralo barullo xerado nas redes sociais.

Un comentario en Twitter da dirixente socialista afín ás teses de Susana Díaz –e natural da Limia– Laura Seara, desatou este domingo un novo enfrontamento nas filas socialistas. Todo comezou cun comentario de Laura Seara, coordinadora federal de organización da Xestora do PSOE, no que chamaba "feos" a dous compañeiros do partido próximos a Pedro Sánchez.

feos

"Mira que sodes feos con ganas". Foi a resposta de Seara a unha fotografía –nun pretendido ton de humor, segundo quixo explicar despois– na que aparecen retratados os seus compañeiros de partido Óscar Ponte (alcalde de Valladolid) José Antonio Rodríguez (alcalde de Jun).

tuit

A imaxe fora subida momentos antes por este último para felicitar a Óscar Ponte pola súa intervención en El Objetivo, de La Sexta, no que se analizaron as primarias do PSOE con representantes das tres candidaturas para o liderado do partido.

Seara pediu desculpas horas despois de ter eliminado o seu comentario da rede social Twitter.