Dos 16 concellos que conforman a nosa s comarca da Limia 6 deles están bastante lonxe dos 1000 habitantes , sendo Baltar o que está mais preto.
Dos restantes solo Muíños pasa dos 1500 a excepción loxicamente de Xinzo que o problema que ten neste momento é que non chega a cifra dos 10.000 hab.
RAIRIZ DE VEIGA O QUE MAIS PERDEU
Si analizamos os datos proporcionais tocaríalle o primeiro posto Rairiz de Veiga que tivo unha perda de case un 5% e o que menos non chegando o 1% o de Vilar de Santos. De todos colo Lobeira ten un crecemento de poboación neste último ano con case un 2% positivo incrementando a súa poboación en 16 veciños. Haberá que falar cos mandatarios para saber o que fixeron para ser a outra cara desta moeda.
MENOS DE 30.000 habitantes
O ano pasado 2016 a Limia contaba con trinta mil habitantes, pero coa pérdena de 642, baixamos desa cifra que tal e como segue acontecendo estadísticamente en tódolos concellos e de supor que non superaremos mais.
XINZO OBRIGADO A CAMBIAR A TENDENCIA
Os problemas neste caso para Xinzo teñen unha dobre vertente. A primeira e mais importante é que coa baixa dos 10.001 a achega monetaria do goberno central reducirase nunha cantidade nada desprezable de 240.000 €.
A segunda sería a baixar 4 concelleiros para as próximas eleccións municipais do 2009, e para solucionar este tema xa quedan menos de 365 días.