Un limiao queda semifinalista no Campionato Mundial de Debate Universitario

iva
Un limiao queda semifinalista no Campionato Mundial de Debate Universitario

Iván Olmos Ferreiro é o nome deste mozo da Limia que acaba de participar no Campionato Mundial de Debate que se celebrou en Córdoba. Xunto con Adrián Lijó formaron un equipo que rematou entre os 8 mellores do mundo no que a oratoria se refire. Un encontro no que participaron 160 equipos dun total de 30 países e que rematou esta fin de semana.

Os participantes que chegaron de ata catro continentes diferentes tiveron que medirse nunha batalla dialéctica en quendas de sete minutos. Argumentar e razoar son algunhas das claves para desenvolver este estilo de probas nas que debateron sobre todo tipo de temas, moitos actuais como as eleccións de EE. UU.

O campionato comezou o 24 de xullo e rematou estes días coa vitoria de dúas rapazas galegas de 21 anos, Aida e Atenea, ambas estudantes da Universidade de Compostela. Un encontro no que Iván , veciño da Limia, se consagrou como un dos mellores oradores do mundo de entre uns 600 participantes.