Limisi contará con todo o apoio institucional do Concello

293
Limisi contará con todo o apoio institucional do Concello

O Alcalde reuniuse con Patricia, coordinadora da Asociación LIMISI, onde realizou unha petición de apoio aos representantes do concello para que as Institucións Autonómicas teñan en conta as dificultades coas que han de convivir as entidades de ámbito comarcal, municipal e rural.

Froito desta petición , o grupo de goberno presentará unha moción no seguinte pleno para que sexa posible un maior apoio institucional e económico a estas entidades socioeducativas, que son imprescindibles para a promoción e a integración de persoas con diversidade funcional, grupo de especial risco de exclusión social.