LIMISI, premio PEDRA ALTA 2021

PEDRA ALTA21
LIMISI, premio PEDRA ALTA 2021
Na súa IV edición

A Xunta Directiva do Padroado do Museo da Limia (Vilar de Santos), a proposta do seu Consello Asesor, na xunzanza celebrada o pasado sábado día 6 de novembro, acordou concederlle o PREMIO PEDRA ALTA 2021, na súa IV edición á asociación LIMISI.

LIMISI é unha asociación sen ánimo de lucro que opera na comarca da Limia para a promoción de persoas con Diversidade Funcional ( DF).

O fin prioritario é, por tanto, mellorar a calidade de vida das persoas con diversidade funcional, potenciando o pleno desenvolvemento das súas capacidades individuais, actuando directamente no ámbito das súas competencias. É a busca e consecución da plena integración, velando pola salvagarda dos seus dereitos en todos os aspectos da vida: educativos, formativos, psicolóxicos, legais, laborais, recreativos, deportivos, etc, mediante o apoio a estas persoas e as súas familias e a sensibilización da sociedade.