Varios foron os acordos tomados na asemblea celebrada en Llanera este fin de semana.
Entre as primeiras, foi dar a luz a Revista “La Historia Viva”, dedicada as 14 festas que neste momento forman a Asoc.. Nacional. Galicia é a autonomía que achega mais festas, dúas en Ourense (Esquecemento e Historia) e Arde Lucus en Lugo.
Outro dos acordos foi o estudo dos países que en breve pasarán a formar parte da confederación europea a Rep. Checa, Gran Bretaña, Austria e Servia, que se unirán os de España Francia Alemania e Italia.
Foi o momento da renovación da páxina web, www.fiestashistoricas.es e a posta en marcha dunha app . Fiestas y recreaciones históricas.
Unha das accións a implementar en breve temen será un selo de calidade para as festas acollidas dentro da asociación.
EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA
A presidenta de Civitas Limicorum tamén anunciou unha exposición fotográfica sobre a Festa do Esquecemento que se fará cara o verán na que se presentará o primeiro nº da revista anteriormente citada.