Lobeira cambiará de alclade

Bande01
Lobeira cambiará de alclade

Polo menos a partir do 25 de maio de 2015

O actual alcalde de Lobeira, non será candidato do Partido Popular nas próximas eleccións municipais.

Onte a tarde no salón de actos do concello de Bande foron presentados ós candidatos do PP para a comarca de Bande.

O acto comezou ás 10.15 horas coa benvida a cargo do presidente local do PP e alcalde de Bande, José Antonio Armada Pérez. A continuación interveu o secretario xeral do PPOU, Rosendo Fernández, así como o membro do Comité Executivo do PPdeG, Jesús Vázquez Abad. Pechou o acto o presidente provincial do PP de Ourense, Manuel Baltar, en torno ás 10.30 horas, recalcando que "o PPOU é o único partido cunha folla de ruta diáfana e un proxecto organizado, sendo xa 64 os cabezas de lista que están presentados a día de hoxe"

-Bande: José Antonio Armada Pérez (39 anos). Licenciado en Dereito, é avogado (non exercente).

-Calvos de Randín: José Manuel Andrade Rodríguez (40 anos).Título de arquitecto técnico, é enxeñeiro de Edificación.

-Entrimo: Manuel Fernández Torres (69 anos). Funcionario de profesión.

-Lobeira: Antonio Iglesias Álvarez (56 anos). Empresario.

-Lobios: María del Carmen Yáñez Salgado (38 anos). Formación Universitaria en Dereito

-Muíños: Plácido Álvarez Dobaño (56 anos)

-Padrenda: Manuel Pérez Pereira (60 anos). Empresario.

-Verea: Juan Antonio Martínez González (60 anos). Empresario.