A estética e a beleza en Xinzo xa ten nome propio

3
A estética e a beleza en Xinzo xa ten nome propio

Chámase Lorena Lozano e atópase na rúa S.Roque

Cando un pasea pola rúa S.Roque non pasa desapercibido o novo local que se inaugurou fai unas semanas. O seu aspecto exterior invita a adentrarse, polo menos para interesarse do que un pode facer nel.

Case sempre un se atopa na estupenda e ben decorada recepción cunha persoa moi amable, pero que non é a alma e o motor do \“negocio\”.

Cando insistimos, e ten tempo libre, moi pouco por agora, achegase a propietaria e especialista.

Chámase Lorena Lozano Morais, e tendo tan só 26 anos, un non se estraña da súa timidez, que esconde detrás dun sorriso que de novo invita a saber máis lo lugar.

Lorena rematou os estudios superiores de Estética facendo logo a especialidade en quiromasaxe. Tamén especializouse en masaxe deportivo e reflexoloxía.

2

Aínda que filla de Limiaus ela naceu no Barco de Valdeorras, onde comezou a súa vida profesional, compatibilizando para facer cursos de especialización en varias terapias máis , ata que despois de tres anos de experiencia nunha clínica do lugar súa nai, que agora fai de recepcionista, preguntoulle porque non Xinzo?.

ESTETICA-QUIROMAQSAXE- PILATES …

Dito e feito, un mes para escoller o lugar e dous máis de obras de acondicionamento e unhas cantas ducias de miles de euros, deron como resultado o Centro de Estética e Beleza Lorena Lozano.

No centro existen cabinas de Tratamentos faciais, Corporal-Depilación, Manicura e Pedicura, ademais da sala de Pilates.

Lorena di que non é capaz de dicir cal é a característica que podería diferenciar o seu centro de calquera outro. Simplemente di: \“Soy profesional que le gusta mi trabajo y hago y digo las cosas como son, yo no vendo nada que no necesites\”

Despois disto quédase tan tranquila, como si non dixera nada importante….4

Ata agora atende as diferentes especialidades ela sola, pero espera, e de seguir así moi pronto necesitará moitos axudant@s, pois xa non ten horas valeiras no seu horario que vai dende as 10 as 13:30 e dende as 16 as 20:30, iso ademais dos mediodias con citas para aqueles/as que non teñan outro horario.

INSTRUTORA DE PILATES

Está esperando xuntar un grupo de xente para pilates, especialidade que lle gusta particularmente.

Nas semanas que leva funcionando, di que está moi contenta, cousa que podemos acreditar, posto que durante o tempo que durou a entrevista o sorriso non desapareceu da súa faciana.

Lorena é outro exemplo da puxanza que a formación profesional e as inquietudes da xuventude formada ten hoxe, loxicamente coa axuda de , neste caso papa e mama. Parabén a este outro negocio máis que se abriu na nosa vila en épocas de crise.