Un magosto con mercado de artesanía e xogos en inglés no mosteiro de Trandeiras

trandeiras
Un magosto con mercado de artesanía e xogos en inglés no mosteiro de Trandeiras

O mosteiro de Trandeiras é o lugar escollido para celebrar un magosto especial o vindeiro 6 de novembro. A xornada dará comezo ás 11h da mañá coa apertura dun mercado de artesanía e produtos locais.

Os merendeiros do mosteiros será a zona na que teña lugar a comida con alimentos cociñados en forno de leña e onde se vai instalar un bar. Non faltará a música cunha foliada á que se pode unir quen o desexe levando o seu propio instrumento.

Os máis cativos poderán por en práctica o seu inglés cos xogos que darán comezo ás 16h. Ás 18h terá lugar unha merenda e continuará a celebración do magosto ata as 19h.

Ese mesmo día procederase a un sorteo de diferentes agasallos, entre eles unha pandeireta artesá de Son de Pau, unha noite para dúas persoas na Casa do Mosteiro, unha botella de licor de Alicornio e un colar e pendentes e pulseira de prata con cristal checo de Noa´s bisutería.

Os que desexen achegarse a este evento precisan de previa inscrición nos teléfonos 617 031 854 ou 619 389 193, pagando 7 euros que inclúen comida, actividades e unha participación no sorteo.

O magosto vai ter lugar nun entorno de natureza e beleza como o mosteiro de Trandeiras. Organizan Noa´s bisutería, English is cool, Casa do Mosteiro e Son de Pau.