Máis de 500 persoas uníronse ás diferentes concentracións convocadas polo GDR Limia - Arnoia para conmemorar o 25N

concentracion_25N en Xinzo
Máis de 500 persoas uníronse ás diferentes concentracións convocadas polo GDR Limia - Arnoia para conmemorar o 25N
Os 25 concellos que forman o territorio participaron na compaña “Non peches os ollos”.

Membros das diferentes corporacións municipais, persoal
dos disintos departamentos e servizos municipiais, forzas de seguridade e veciños e veciñas de toda a contorna, en total unhas 500 persoas, participaron no día de onte a mañá nas concentracións silenciosas e lecturas do manifesto que se levou a cabo nos 25 concellos que forman o GDR Limia - Arnoia para conmemorar o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres e as Nenas .

Concello-Porqueira

Concentración no concello de Porqueira

“A violencia de xénero non ter cor, nin idioma, aparece en todas as partes e de múltiples xeitos, só ten unha cousa en común, a muller como eixo da violencia, a muller como factor de risco, a muller como receptora de todos os 6pos de violencia. A violencia sexual, a violencia vicaria, a violencia psicolóxica, a violencia xudicial,...”.

Así comezaba o manifesto que se leu esta mañá de forma simultánea nos concellos da Limia e Arnoia.