Hoxe 20 de febreiro, día Mundial da Xustiza Social

logo
Hoxe 20 de febreiro, día Mundial da Xustiza Social

Visita institucional ao C.D.R. O Viso de Lodoselo

Nun día especialmente sinalado, o Día Mundial da Xustiza Social, está prevista a visita do Director Xeral de Inclusión da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, D. Arturo Parrado, ás dependencias do CDR O Viso en Lodoselo.

A partires das 12 h. un pequeno grupo de persoas (veciñ@s, membros da Xunta Directiva e o alcalde do Concello de Sarreaus) acollerán esta visita institucional. Está programado un pequeno percorrido pola antiga casa reitoral, a vivenda comunitaria (A túa outra casa) e o Centro de Inclusión para posibilitarlle o coñecemento in situ dos diferentes programas que se desenvolven desde este CDR, así como poder charlar cos participantes dos mesmos e os traballador@s.