Mañá coñeceranse os mellores proxetos de EDP solidaria 2020

9-14-14-2.admin.Para_a_F._EDP
Mañá coñeceranse os mellores proxetos de EDP solidaria 2020
O CDR O Viso a única entidade galega que se presenta aos premios

Mañá, 10 de decembro, ás 12h, participaremos no evento público no que se van a dar a coñecer os proxectos gañadores de #EDPSolidaria 2020. Ti tamén podes seguilo neste enlace https://edpsolidaria2020.com/

A aprobación do proxecto presentado á #FundaciónEDP significa para nós unha alianza máis neste empeño compartido de dar respostas adecuadas ás necesidades específicas do noso medio rural.
Posibilita que “pensando nas persoas” (e sobre todo nas máis maiores) reforcemos os servizos de proximidade. Coidar uns doutros forma parte da nosa identidade; ese coidado delata a nosa fraxilidade e a nosa humanidade. Necesitamos ser coidados, coidar e coidarnos.
E o coidado dos demais non é só para que esmoreza a nosa vulnerabilidade, tamén para avanzar, medrar. Coa continua incorporación das TICs, que agora nos posibilita a #FundaciónEDP lembramos que a OMS establece como meta prioritaria para este s. XXI o seu uso para mellorar a calidade de vida. A contribución de #EDPSolidaria mantén viva a nosa utopía realizable: que o que é necesario é posible.