MANIFESTO DO CONCELLO DE XINZO

104
MANIFESTO DO CONCELLO DE XINZO

No día internacional das mulleres

104O Concello de Xinzo de Limia, con motivo da celebración do día 8 de marzo, “DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES”, quere condenar con este manifesto aquelas inadmisibles situacións de desigualdade contra as mulleres, trasladando á opinión publica a importancia que ten de que se rompa o muro do silencio, que durante tantos anos impediu o coñecemento público dos dereitos relativos á muller. Desigualdade á que están sometidas neste País moitas mulleres na sociedade, na súa relación de parella e no mundo laboral.

Históricamente as mulleres viñeron soportando unha carga social e económica dentro do seno familiar, continuando por esta razón subordinadas ó poder masculino no plano familiar, sexual, económico, social e político.

A Concellería de Servizos Sociais, Igualdade e Benestar do Concello de Xinzo fai un chamamento público á Sociedade Limiá coa finalidade de asumir a responsabilidade compartida que posibilite o exercicio efectivo dos dereitos das mulleres, dende este punto de vista REIVINDICAMOS “Políticas públicas, reformas lexislativas que garantan a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, estratexias sociais e prácticas institucionais que melloren a vida das mulleres e dean visibilidade ós seus problemas, son ACTUACIÓNS, IMPRESCINDIBLES E INAPRAZABLES”.

A pesares de que xa se produciron avances importantes, a democracia non pode defraudar ás mulleres, queremos unha sociedade na que as mulleres poidan soñar con facer realidade os seus proxectos vitais, os seus proxectos profesionais, que teñan a posibilidade de decidir que queren estudar, onde queren vivir, que tipo de familia queren construir, “UNHA SOCIEDADE NA QUE AS MULLERES VIVAN LIBRES DE VIOLENCIA E OPRESIÓN, NA QUE NINGÚEN SE QUEDE FORA”. “ SÓ CANDO AS MULLERES PARTICIPEN ACTIVAMENTE E EN IGUALDADE EN TODOS OS SECTORES DA VIDA PÚBLICA E PRIVADA, TEREMOS UNHA SOCIEDADE MÁIS XUSTA E IGUALITARIA“.

Con este manifestó os limiáns queremos deixar constancia do noso compromiso persoal nesa loita – QUE DEBE SER CONXUNTA – contra calquera acto que atente contra a desigualdade, integridade e dignidade da MULLER.

MENTRES EXISTAN SITUACIÓNS DE DESIGUALDADE CONTRA AS MULLERES, TOTOS SOMOS CULPABLES, SI CALAMOS E TOLERAMOS “.