Manuel Fernández Vidal, estará sempre presente, no S. Benito da Uceira
21:23 18/04/22
21:23 18/04/22
Descubriuse unha placa na súa memoria
Hoxe ás 12:30 xuntáronse dous sentimentos moi fortes e contraditorios na capela e santuario do S. Benito da Uceira.

Por unha banda estaba todo preparado para a homenaxe dos feligreses e parroquianos de D. Manuel, polos anos dedicados a labor pastoral de máis de 30 anos na parroquia de Sandiás, sendo o rexurdidor da festa de S. Benito, coa noticia desta mesma mañá do seu pasamento.
Presidida polo Bispo de Ourense, celebrouse unha eucaristía na capela de S. Benito e posteriormente descubriuse unha placa na honra do que durante moitos anos foi o seu cura.
A proposta da colocación foi do alcalde Felipe Traveso, aprobada por toda a corporación, segundo di na mesma EN NOME DOS VECIÑOS E FIEIS.


