Patricia F.S
27 de marzo de 2016, 17:36
O antropólogo visita Xinzo para presentar o seu último traballo "El fútbol (no) es así". O libro recolle unha análise da sociedade actual na que o fútbol ten un importante protagonismo que move millóns de euros, enchendo estadios cada vez que hai unha cita deportiva.
A obra contén un prólogo de Sergio Sauca, xornalista de deportes de TVE.
O libro será presentado por Manuel Mandianes o luns día 28 ás 20.30h, no auditorio da Casa da Cultura de Xinzo.