Unha máquina que elimina as engurras revoluciona a estética en Xinzo

centro
Unha máquina que elimina as engurras revoluciona a estética en Xinzo

Caravel estética ofrece este tratamento

As persoas que non desexan operarse ou inxectarse botox, teñen unha alternativa coa BDR, unha máquina de tecnoloxía bdralemá que orfrece resultados positivos dende o minuto cero. Montse Lama, propietaria de Caravel estética en Xinzo, sinala que "os efectos xa se ven na primeira sesión, no caso das engurras da fronte mesmo desaparecen, é unha máquina que se está usando en clínicas médico-estéticas". Por 60€ podemos ver como se difuminan as manchas de expresión ou mesmo como se eliminan as manchas da pel ou as cicatrices.

Monste Lama, profesional da estética dende hai 15 anos, apostou por esta máquina, exclusiva na vila, para empezar a súa aventura comercial en Xinzo. Acaba de abrir o seu centro de estética na rúa Santa Mariña, no número 55. Dispón de multitude de tratamentos faciais e corporais para homes e mulleres. No seu interior poden disfrutar de masaxes relaxantes con chocolate, viño, té verde ou algas. Se se senten mal, con ansiedade ou depresión poden probar o reiki, unha transmisión de enerxía positiva durante 60 minutos, que desbloquea os centros de enerxía do corpo coñecidos como "chakras".

caravel

Hai tratamentos para paliar o acné e limpeza de cutis.O mesmo tempo poden arreglar as uñas das mans e decoralas cos 175 cores dos que dispón. "O xel e a semipermanente non estropea a uña, ó contrario, mesmo a fortalece, sempre e cando traballes con bos produtos e fagas un bo traballo", apunta Montse que tras estar 3 anos na Marina, deixou o exército e pasouse ó mundo da estética.

En Caravel tamén hai oportunidade de facer a pedicura, tratar a micose con láser e ir a sesións de depilación láser. Todos os tratamentos que se lle poidan ocorrer atoparanos neste establecemento de dúas plantas, que trata de ofrecer o máis novo da estética, como matiza Monste Lama " a persoa que entra aquí tratámoslle de todo, dende a cabeza ata os pés"