Masaxes con madeira de Colombia para modelar o corpo revolucionan a estética en Xinzo

saxa
Masaxes con madeira de Colombia para modelar o corpo revolucionan a estética en Xinzo

Os resultados poden verse dende a primeira sesión

O tratamento coñécese co nome de "maderoterapia" e consiste en aplicar unha masaxe con aparellos de madeira que chegan dende Colombia. Teñen diferentes formas e tamaños para adaptarse a tódalas partes do corpo de maneira que se traballa todo. Este novedoso tratamento atópase no Instituto de Beleza Saxa. A sesión comeza cunha masaxe que prepara a pel e permite remover a grasa acumulada. A continuación aplícanse aceites esenciais e síguese moldeando. mdeirasA esencia do tratamento é a técnica baseada na medicina tradicional china. Os efectos son visibles dende a primeira sesión cun tratamento personalizado. O feito de traballar con estes utensilios de madeira crea unha atmósfera relaxante que repercute no benestar físico e psíquico da persoa que recibe a terapia.

Quen lle ía decir a Isaura Caramés cando abriu o centro hai 19 anos, que remataría traballando coa madeira para facer tratamentos. O feito é que a estética renóvase de seguido e como ela mantén "eu sempre trato de buscar novidades para ofrecerlle ó meu cliente o mellor". Este ímpetu foi o que a levou a ter en Saxa a "criolipolisis", unhas pracas que aplican frío a cero grados e permiten eliminar o 20% das células grasas, conseguindo deste xeito unha liposución natural. Baseándose na aplicación de frío, tamén conta coa "crioterapia" que actúa sobre a dermis dándolle máis osíxeno á célula de tal xeito que si esta funciona mellora a pel en canto a flacidez, envellecemento ou recuperación do acné,entre outros beneficios.

saxa 2

Isaura chegou a Xinzo logo de traballar unha tempada nun centro de Ourense. "Un día comenteille ó meu pai que quería virme para Xinzo e abrir o meu negocio e tiña moi claro que si o proxecto non ía ben eu sairía cara adiante como fora", apunta Isaura. Esas ganas de traballar no seu e de tirar polo negocio levárona e lévana a continuar no mundo da estética ofrecendo multitude de servizos. Un deles a "aromaterapia", baseada no uso de aceites esenciais que contribúen a mellorar a saúde física e mental da xente. En Saxa podemos atopar máis de 40 aromas como o incenso que é bo para as engurras, xeranio que é bo para as manchas ou a pepita de amorodo que é boa para rexenerar a pel.

Isaura ten clara a súa misión de ofrecer o último no mundo da estética sempre e cando coide ó cliente e sexa natural. Tamén aposta por mellorar servizos clásicos como unha maquillaxe que dura unha semana por tan só 5 euros. Nin se vai da pel nin mancha e mantén o ton natural de cada persoa ó tempo que supón un cóctel de vitaminas. Non faltan todos os tipos de depilación, pedicuras, tratamentos ecolóxicos para reducir peso, solarium... e así unha lista enorme de servizos cos que conta Saxa. Co fin de dar unha boa atención á persoa conta coa axuda de Yolanda Montero que leva 9 anos traballando no centro de estética.saxa

A piques de festexar os 20 anos de vida de Saxa, Isaura volve a vista atrás e lembra a ilusión coa que abriu o seu negocio. "Con 25 anos estaba eu sentada no mostrador tan nerviosa que fixen unha lista de xente coñecida e preguntábame este virá ou vira este outro. Ó final comezou a entrar xente que eu nunca vira, e era ilusión a que sentía, que aínda a teño agora", comenta cos ollos cheos de ledicia. Será esa emoción como si fose o primeiro día a que fai que Saxa siga en funcionamento cada día incorporando novos tratamentos.