Un matrimonio altamente “contaxioso” de solidaridade

matrimonio solidario
Un matrimonio altamente “contaxioso” de solidaridade

A corentena é un verdadeiro escaparate interior de todos nós, en grao sumo íntimo. Hainos que consomen as horas do día do sofá á neveira nas pausas que se permiten entre un e outro capítulo de Netflix, e hainos que ademais de cumprir co seu horario laboral das 40 horas semanais nun supermercado, aínda sacan tempo para coidado dunha pequena e poñerse aos mandos dunha máquina de coser.

É o caso de Lida Castro, quen non dubidou en contribuír á causa solidaria e comezar a confeccionar batas para o persoal sanitario e máscaras para eles e tamén para todos aqueles que as demanden. Pertence a esa " coronocooperativa" xurdida en Xinzo de Limia, onde case un centenar de mulleres -e homes- consomen bo parte do día en tentar prover do material tan escaso a todos os que por imperiosa necesidade non poden quedar, como eles, nas súas casas. O que xa non sabes é se foi José Fidel Álvarez o contaxiado DE SOLIDARIEDADE ou o que realmente contaxio á súa esposa Lida. Pero, mentres ela pedalea e dirixe a agulla da súa máquina de coser, el colócase á fronte das súas impresoras 3D para montar as pantallas protectoras que saen da súa pequena factoría, unha ducia cada tres horas, aproximadamente. Descoñecemos quen se ocupará das faenas da casa, pero todo fai indicar que será a avóa delas dúas, sen dúbida, nun domicilio onde a bandeira da axuda ao próximo ondea ben alto no seu interior.