2 de agosto de 2021, 20:23
A gaiteira limiá Lara Sotelo foi elexida polo xurado cualificador como a mellor solista de Gaita no certame de Manzaneda na modalidade de menores de 18 anos e maiores de 10.
Lara interpretou dez melodías enlazadas entre as que se atopaban O Marreco, xota de Obre, Alalá de Bergantiños e a Muiñeira Lixeiriña.
O xurado quixo tamén facer unha moción especial no apartado de solistas de maiores de 18 anos para Ignacio González Rúa.