Medio cento de persoas concentráronse na praza Carlos Casares

IMG_20190918_201508
Medio cento de persoas concentráronse na praza Carlos Casares

para visualizar o rexeitamento da cidadanía de Xinzo aos tres crimes machistas desta semana en Valga.

Medio cento de persoas se reuniron en Xinzo, respondendo a convocatoria feita dende o Concello, para visualizar o rexeitamento da cidadanía de Xinzo aos tres crimes machistas desta semana en Valga.

Na praza tomou a palabra a alcaldesa Elvira Lama a cal arroupaban unha representación dos concelleiros da corporación Local.

IMG_20190918_201402

Representación institucional do Concello presente na concentración

Reunímonos aquí, comezou dicindo Elvira, para rexeitar a violencia de xénero, para rexeitar esa lacra e eses pensamentos, non de algún desgraciado, se non de moitos desgraciados.

Polo tanto basta xa de violencia machista, basta xa de violencia contra as mulleres. Non vamos a dar nin un paso atrás. Esta é solo unha concentración polos tres crimes de Valga. Tres mulleres que morreron ás mans dun solo home.

Querémonos vivas....basta xa de violencia contra as mulleres!!

Antes de rematar anunciou a concentración que se levará a cabo o próximo venres ás 20:30 na mesma praza de Carlos Casares convocada por movementos feministas de toda España, na que se solicita a todos e todas as persoas que asistan, que o fagan vestidas de negro e cunha luz violeta na man. O “slogan” da mesma será “A noite será violeta”.