Medra o xardín sensitivo en Lodoselo

cdr 1
Medra o xardín sensitivo en Lodoselo
Coa colaboración de Limisi

Pasiño a pasiño o xardín sensitivo vai collendo forma, grazas ó traballo a reo das persoas usuarias do centro de día, a vivenda comunitaria e os nenos e nenas da casa niño Lodoselo e agora coa colaboración de LIMISI vaise transformando nun espazo onde parar o tempo e perderse gozando cos sentidos.

cdr 2

O mércores pasado as persoas do Centro Ocupacional de LIMISI realizaron o percorrido polo xardín, dispostos a experimentar, abrindo os seus sentidos: tocando e diferenciando diferentes texturas coas mans e cos pés, descubrindo diferentes sons, explorando co nariz, descubrindo cheiros e curiosidades das diversas prantas aromáticas, coñecendo a horta e a casa dos insectos.
Para finalizar construíron dúas partes do xardín. Por unha banda, crearon unha parte sonora na que colgaron diversos utensilios vellos de cociña e caixas de diferentes materiais para tocar e crear sons; e por outra banda, pintaron de forma creativa pneumáticos nos cales introducir diferentes texturas para poder sentilas.

cdr3
cdr3

Foi unha xornada marabillosa; estamos moi agradecidas pola súa colaboración e participación a través da cal todas as persoas intercambiamos saberes e sensacións.
Esta actividade está financiada pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia a través da subvención con cargo á asignación tributaria do 0,7% do imposto sobre a renda das persoas físicas dentro do programa dirixido a mellorar a calidade de vida, a autonomía persoal e inclusión social e laboral das persoas con discapacidade.