Melchor, Gaspar e Baltasar aínda tiveron tempo de visitar aos nosos maiores.

reis
Melchor, Gaspar e Baltasar aínda tiveron tempo de visitar aos nosos maiores.

Antes do comezo da "recepción “estática” no pavillón de deportes

Tal e como estaba previsto as súas Maxestades entraron no pavillón de deportes de Xinzo e dende os seus tronos presenciaron un precioso espectáculo montado para a ocasión, para desfrute de todos, incluídos os nenos que acompañados dos seus pais foron ocupando as bancadas do pavillón.

UN ESPECTÁCULO DE COOR BRANCO

Cabalgata Reis 20220031

A empresa encargada da organización da caravana, pena de non podela desfrutar polas rúas, deu un colorido nunca visto en Xinzo.

Seis cabalos brancos xigantes movíanse acompasados polo son dunha batucada, e demais membros da compañía, todos de branco con luces nos seus traxes, que daban unha elegancia a representación, nunca vista en Xinzo.

Tal e como estaba previsto os cativos foron pasando en odren gardando as distancias entre persoas conviventes por diante dos Reis que saudaban dende os seus tronos, por non permitir ningunha clase de contacto as normas covid.

Cabalgata Reis 20220081