Menos dunha semana para adherirse a campaña de Nadal

Tenda de barrio
Menos dunha semana para adherirse a campaña de Nadal

O prazo remata o luns día 30

Este próximo luns día 30 remata o prazo para que os comercios, bares, cafeterías e locais de negocio se inscriban na campaña do comercio local de NADAL que organizan conxuntamente o concello de Xinzo e a asociación ProLimia.

REXISTRO OBRIGATORIO

Para poder tomar parte da campaña, que é totalmente de balde para todos, deberán inscribirse no concello ou ben en Prolimia por calquera dos seguintes métodos:

.- Presencialmente no Rexistro do Concello (con cita previa 988550111) ▪

.- Telematicamente na sede electrónica: xinzodelimia.sedelectronica.gal

.- CONCELLARÍA DE PROMOCIÓN ECONÓMICA CONCELLO DE XINZO DE LIMIA

.- Por correo electrónico ao enderezo: nadal2020@xinzo.gal

.- Na sede da Asociación “Prolimia”

Tanto a asociación como dende o concello anima a que non quede ninguén fora desta campaña, pero recordan que é imprescindible o inscribirse na campaña.