Menos reunións, pero máis comunicación directa

Esquecemento (FOTO ARQUIVO)
Menos reunións, pero máis comunicación directa

Primeiras decisións a tomar cara o Esquecemento 2022

A nova xunta directiva da asociación Civitas Limicorum, saída da asemblea celebrada fai un mes, xa está preparando a organización da festa do Esquecemento 2022, na que queren máis comunicacións entre socios e participantes e menos reunións asemblearias.

ASEMBLEA XERAL

A xunta directiva convoca a todos os socios a unha asemblea xeral na que a orde do día será a seguinte:

1. Festa do Esquecemento 2022: que levamos feito e que queremos facer.

2. Convocatoria de actores para os teatros do Esquecemento.

3. Obradoiro de coiro.

4. Estado das subvencións. 5. Cota de socios ano 2022.

6. Rogos e preguntas.

Esta edición queremos facer menos reunións presenciais que en anos anteriores. Para que isto funcione precisamos que asista -como mínimo- un membro de cada grupo o venres día 13 de maio e así ir tendo unha estimación de *cantos castrexos e romanos queren conservar a súa plaza*. Manifestan no propio escrito da convocatoria.

Así mesmo pretenden elaborar elaborar unha listaxe de participantes, creando listas de difusión por email e whatsapp que faciliten que cada asociado estee sempre ó tanto das novidades da Asociación e da Festa para que desta maneira non faga falta que un representante un representante reenvíe a información constantemente.

CONVOCATORIA PARA NOVOS SOCIOS

Convócase tamén a *tódalas persoas interesadas* en participar na Festa do Esquecemento ou formar parte da Asociación Cultural Civitas Limicorum aínda que nunca o fixeran.