Merecido recoñecemento (Cristina Margusino)

Membros de Limisi "lucindo o seu merecido premio"
Merecido recoñecemento (Cristina Margusino)

É a primeira vez que recibimos un premio, non estamos acostumados aos actos públicos e traemos os nervios e a emoción canda nos (Patricia Lama. Pta. de Limisi)

Na mañá do sábado o Museo da Limia volveu a congregar a sociedade da Limia para asistir a entrega do premio Pedra Alta 2021 na súa 4ª edición.

Despois da presentación do acto por parte do Presidente do Padroado do Museo, o cal agradeceu a presenza de tanto público presentando a continuación a persoa que faría a “laudatio” dos premiados que era a Coordinado do Centro Médico de Xinzo, Cristina Margusiño, quen, segundo afirmou no principio da súa intervención que cando lle propuxeron facer esta lavoura neste acto aceptou sen pensalo.

Merecido recoñecemento

                               Foron as súas primeiras verbas as de afirmar que este premio era un merecido recoñecemento a esta asociación de referencia non solo na Limia, o seu radio de acción, se non xa en toda a provincia e Galicia.

Pasou a analizar a situación rural de Galicia, no que tan difícil ten a integración as persoas con discapacidade intelectual, que son as que forman a familia de Limisi.

Fixo unha descrición da historia de Limisi dende o seu nacemento como centro de atención, para ir abarcando cada ano máis territorio dentro da atención a estas persoas nas distintas facetas da vida, e sobre a información e sensibilización da sociedade, para rematar anunciando o próximo proxecto da asociación, cal é o de poñer en marcha un piso para residencia destas persoas.

PRIMEIRO PREMIO PARA LIMISI

Tomou despois a palabra a presidenta da asociación Patricia Lama recoñecendo con moita ledicia que este é o primeiro p0’remio que recibe a asociación e ao non estar acostumados a falar en público traemos os nervios e a emoción, canda nos.

Agradeceu ao Padroado do Museo a concesión do premio e sobre todo a toda a familia de traballadores e traballadoras de Limisi o seu esforzo e dedicación, así como ao voluntariado pola súa colaboración. As familias, aos asociados e a toda sociedade que os anima e apoia.

Orgullosos e orgullosas de todo o conseguido dende o noso nacemento como asociación no 2006.

                               A secretaria da asociación Araceli Losada , foi a encargada de rematar o acto, na cal, como sempre que o fai en actos públicos como o da semana pasada, a ninguén deixa indiferente ante as súas palabras.

O primeiro foi comentar que ela foi unha das fundadoras da asociación e tamén unha das súas usuarias por ser unha persoa con discapacidade intelectual.

Os principios foron difíciles, pero foron pasando etapas, a pesar dos atrancos e as dificultades económicas que tivemos que ir sorteando.

A día de hoxe sentímonos orgullosos e orgullosas de ver todo o que levamos conseguido e construído, sobre todo vendo o que ten mellorado a calidade de vida de moitas persoas grazas aos nosos servizos.

Premios como este, a entidades como a nosa, dannos visibilidade as persoas con discapacidade, persoas silenciadas neste mundo, onde están de moda as palabras inclusión, diversidade, integración, igualdade pero onde pouco teñen de reales.

A diversidade solo é un feito real, e a integración acadarémola, porque nos as persoas con discapacidade , SOMOS CAPACES.