Mulleres da Limia (2)

Mulleres da Limia 2
Mulleres da Limia (2)

EVA GONZÁLEZ DEVESA (Xinzo de Limia 1996)

Eva GonzálezO deporte feminino ten unha presencia case invisible nos medios. Chegou a hora de valorar os logras das nosas deportistas como o que son, éxitos do deporte. Sen etiquetas.
E en Xinzo temos unha SÚPER DEPORTISTA.
Eva elixe con sete anos o deporte que lle dará tantas satisfaccións ó longo da súa vida, a ximnasia rítmica é a súa paixón. Comeza en Xinzo e destaca inmediatamente acadando un terceiro posto no Campionato Galego de Promoción.
No 2005 comeza a entrenar co Club Escola Ximnasia Acordes en Oleiros, e no 2006 estréase nas competicións nacionais absolutas. Será en 2011 cando obtén un cuarto posto en conxuntos que lles serve para ascender a Primeira Categoría, facía máis dunha década que non o conseguía ningún equipo galego.
Participa en 3 Campionatos de España na modalidade de Ximnasia Estética, chegando o primeiro posto no último ano. Tamén se clasifica en tres Campeonatos do Mundo.

LOLA,PEPITA,SONSOLES E TERESA (Xinzo de Limia-Foto de principios dos anos50)

Lola, Pepita, sonsolesLola, Pepita, Sonsoles e Teresa son as mulleres retratadas vestidas de Pantalla. A foto ilustrada ten unha historia propia con carácter reivindicativo que fai destas mulleres pioneiras no entroido tradicional de Xinzo de Limia.
A principios dos anos 50 é Lola a primeira muller que sae vestida de pantalla ás rúas acompañada por dous amigos do seu irmán. Ela non ten traxe nin máscara pero decide coller un traxe que hai na casa que pertence ao seu irmán. Nese momento as mulleres tiñan prohibido vestila, pero Lola no seu afán de demostrar que non pasaba nada por que ela saíra ca pantalla consegiu que outras mulleres a acompañaran o ano seguinte: As irmáns Pepita e Sonsoles e a súa curmán Teresa visten o traxe de pantalla e saen a sufaldrear as mascariñas con Lola. Rompendo así cunha regla inxusta e absurda.
A partir deste momento cada ano máis mulleres anímanse a levar o personaxe mais querido e respetado do entroido de Xinzo. Grazas por abrir camiño.

MARÍA RUIDO ( Pidre 1967)

María RuidoLicenciada en historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Doutura en Belas Artes pola Universidade de Vigo. É a día de hoxe un referente do audiovisual español de carácter feminista e documental, tratando temas dos politicamente incorrectos..
Traballa a performance, a videoacción , o formato documental , o cine-ensaio e a vídeo instalación.
Recibe varios recoñecementos no ano 2003 , o premio Nuevos Medios en Generaciones en Madrid. Ó mellor documental internacional no 47º Festival de Cine Independente de Nova Yorke, no ano 2009. Tamén é premiada no Zinebi 53, Festival Internacional de Cine Documental e Curtametraxe de Bilbao. E moitos mais en certames de outras tantas cidades como Marsella, Moscú, Ourense…