Mulleres da Limia (3)

Mulleres da Limia (3)
Mulleres da Limia (3)

DOÑA CARMEN URTIAGA ( Villapresente-Santander1903)

Esta mestra marcou a toda unha xeración na vida de Xinzo , chegou de Santander despois de estudar Pedagoxía Infantil e idiomas en Francia.

En 1929 chega a Nocelo da Pena. É trasladada a Xinzo de Limia catro anos mais tarde como mestra de párvulos.

Carmen era unha muller con ideas avanzadas e modernas naquela época, moi consciente da necesidade de educar en igualdade. E ela loitou por concienciar de que que as nenas tamén tiñan que ir á escola. Nenas e nenos tiñan que ter o mesmo dereito a educación.

GENOVEVA VÁZQUEZ CALVIÑO (Pontes Barxes 1896)

O seu pai era garda de fronteiras razón pola cal nace en Pontes Barxa (Bande) no ano 1896. Moi pequena ven a vivir o Barrio de abaixo (Barrio Sur) de Xinzo de Limia.

De personalidade curiosa e inquieta, aprende ela mesma a ler e escribir, como tantas outras mulleres naquel entonces, non foi á escola. Neses libros aprende a súa “profesión”. Profesión entre comillas, porque nunca cobra polos seus servizos.

Solidaria por natureza axuda a nacer a meirande parte dos nacidos en Xinzo durante a época. Genoveva é a parteira oficiosa que asistiu a numerosísimos nacementos de moitas e moitos dos que hoxe en día pasean polas rúas da vila.

Mulleres da Limia (3)

LOLA VILLARINO (Xinzo de Limia1945)

Lola estudou na Universidade de Santiago de Compostela Económicas, nun contexto histórico onde as liberdades estaban cada vez máis limitadas. Militante no Partido Comunista de Galicia. Esta muller de carácter convincente e profundamente comprometida vive a revolta universitaria antifranquista en primeira persoa participando activamente nela.

No transcurso da súa vida desempeña cargos políticos en varias institucións.

É asesora no Concello de Santiago de Compostela durante o mandato de Xerardo Estévez.

Tamén ocupa o posto de teniente de alcalde en Vigo. Coñecida como ¨a dama de ferro¨ ó que ela sempre respondeu rotunda : ¨A un home que resolve problemas chámanlle eficaz , a unha muller dama de ferro¨

No ano 2005 Lola Villarino convértese na primeira muller Presidenta do Parlamento Galego.

PEPA MOLINOS BARRIO (Sabadell 1963)

Os pais de Pepa son de Ganade pero viviron gran parte da súa vida fora de Galiza. Esta é a razón pola que Pepa nace en Sabadell.

Son moitos os momentos vitais que marcan a vida de Pepa e no ano 1986 cando ten 26 anos, e xa casada, decide cambiar a súa vida na cidade pola do rural. Ela e súa parella fanse cargo da explotación agrogandeira.

Pero vida golpea con dureza e ten que vivir episodios tráxicos de perda.

Pepa non se rinde, e chea de forza, asume o oficio en solitario. Pasando de ter un papel complementario, a tomar as rendas da explotación para dirixila. Nun sector, dirixido e xestionado por homes, e onde a representación da muller estivo sempre relegada a un segundo plano.