O mundo das bicicletas na Limia non precisa apelidos

1
O mundo das bicicletas na Limia non precisa apelidos

Julio, bicicletas ou talleres Julio

Cincuenta e dous anos de historia deste nome e ós 25 últimos fan que con solo dicir Julio xa sabemos de quen e de que se está a falar. Pero como el mesmo di que si te paras e non evolucionas chega o momento que desapareces, hoxe, talleres Julio segue a súa evolución e inaugura unha nova tenda, soamente especializada nas dúas rodas e con tracción \“animal\”.

4Abre unha nova tenda, aínda que conservando a mesma rúa Dous de Maio de inzo de Limia.

Pero como un non se pode esquecer na súa evolución, o peso da súa traxectoria sigue das mans da eterna bicicleta BH dende o 68 e agora aposta por unha das marcas punteiras no mundo das dúas rodas, MERIDA.

Aínda que o nome sexa totalmente español, a marca e Sueca, onde se están a fabricar as bicicletas de máis alta calidade.

INFANTÍS,URBANAS, MONTAÑA e ELÉCTRICAS

Julio cando fala de bicicletas emociónase moito, loxicamente el debeu nacer nunha, e fala delas como se fosen criaturas súas. Opina que unha persoa o longo da súa vida pode comprar un mínimo de 8 a 10 bicicletas, isto tendo en conta a súa afección.

Na nova tenda dende a primeira que se lle compra os cativos ós 3 anos ata as últimas eléctricas, pasase por moitas etapas e tipos. Tamen nestes últimos anos xa se pode escoller entre os materiais aluminio ou fibra de carbono, e tamén con simple ou dobre amortigüación.

No novo establecemento podemos encontrar bicicletas dende 150€ ata mais menos 12.000. Pódese dicir que hai unha bicicleta única para cada persoa e para cada peto, e así debe ser.

MARCAS PUNTEIRAS.2

No novo establecemento somentes hai marcas de prestixio internacional, a BH, orgullo español e tradición e a nova MERIDA.

NON DEBE VENDÉRSELLE A NADIE UNHA BICICLETA MIRANDO SOLO POLO QUE QUEIRA GASTAR,POLO COLOR OU A FEITURA.

Hoxe a afección o ciclismo está no punto máis elido, pero non por iso debemos darlle o cliente o que el queira. Iso sería un erro para nos. A bicicleta ten que ser axeitada a cada persoa, coas medidas exactas, es sobre todo para o uso que lle vai a dar, e despois por último escollemos a calidade. Non consiste solo en levar bicis de 6.000 €. Hai moitas veces que cando vas as múltiples xuntanzas ciclistas e ves cada modelo que tiran para atrás, e dis, y eu con isto… pero cando chega a primeira costa ves que 20 ou 30 quédanse rezagados ou xa acaban.

Si o facemos mal , ese afeccionado levará a bici e os tres días de andar con ela, sentirase mal, e non a volverá a coller. Si o facemos como se debe, gozará tanto, que o cabo dos dous ou tres anos estará buscando outra e así sucesivamente ata que xa non poida máis, e entón para eles chegan agora as bicicletas de pedaleo asistido.

NON SON BICICLETAS ELÉCTRICAS

A partir de agora comezaremos a ver polas rúas bicicletas que lle chaman eléctricas, que en realidade son de pedaleo asistido. Nos países nórdicos están sendo xa o furor e dentro duns anos chegarán a ser do máis común.

Estas bicis non funcionan se un non lle da os pedais. Ela simplemente axuda nos momentos en que a forza do que a leva non chega, por iso tamén xa existen bicis asistidas de montaña.

Precisamente en Francia o ano que ven se vai a celebrar a primeira competición de montaña con bicicletas asistidas. Que ninguén pensa que compra unha moto nun corpo de \“bici\”.

5SHIMANO CON CAMBIO ELECTRÓNICO.

O último desenrolo no mundo das bicis é o cambio electrónico. Acabáronse os cambios de marchas no manillar. Dependendo de por onde vaiamos, a velocidade e a carencia do pedaleo o mecanismo electrónico entende e executa o cambio de piñón automaticamente.

Tamén as novas bicis levan unha sola catalina e aumentan o número de piñóns que fan máis doado a práctica do ciclismo, non solo deportivo se non de gozo. Estas bicis interaccionan co ciclista.

A AFECCIÓN O CICLISMO VAI EN AUMENTO3

Cando eu fixen a miña primeira venda fai 25 anos foi unha bicicleta (de paseo) que lle custou 10.000 Ptas. O cambio 60 €. A diferenza e que naqueles anos o andar en bicicleta era unha vergoña, solo a tiñan ou os ricos ou os que non tiñan para unha moto. Hoxe cambiou totalmente a cuestión. Hoxe o andar en bicicleta e sinal de urbanismo concienciado co medio ambiente e coa forma física, polo que a segunda revolución da bicicleta comeza agora que é un prestixio, dependendo da bici que se teña. A partir de agora, tal e como ocorre nos países do norte de Europa, xa iremos a traballar en bicicleta. É por iso que as innovacións neste mundo serán moi grandes.

MAIS MONTAÑA QUE PASEO

En contra do que se podía deducir pola orografía da Limia,suporíamos que habería máis bicis de paseo, pero as de BTT ou montaña superan en moito as de paseo.

Bicicletas BH, o orgullo español

BH, nestes momentos e punteira na fabricación de bicicletas. Tal e así que acaban de firma un convenio con BMV, para fabricarle en exclusiva bicicletas coa súa marca. Esto demostra que están nos primeiros postos mundiales.

Rematamos dicindo o do principio, que na Limia cando se fala de bicicletas decindo Julio, xa todo o mundo sabe a quen se refire. Tamén de vez en cando a constancia, o traballo e a adicación fan que o nome se convirta en marca de prestixio, 52 anos despois do comenzo.