O mundo do circo tomará Xinzo por unha moi boa causa

10374366_772979162735661_1427171910_n
O mundo do circo tomará Xinzo por unha moi boa causa
O centro de actividades Fusión organiza unha gala benéfica en favor do programa “Vacacións en Paz” e o CDR O...

O centro de actividades Fusión organiza unha gala benéfica en favor do programa “Vacacións en Paz” e o CDR O Viso

REDACCIÓN

redac@dendealimia.com

Twitter: @Dendealimia

O vindeiro venres 30 de maio, a partir das nove da noite, a praza Carlos Casares de Xinzo encherase coa cor, a alegría e a maxia do circo coa gala solidaria organizada polo centro de actividades Fusión. Os beneficios de Circus2014serán para o programa “Vacacións en Paz”, que fai posible que os nenos saharauís veñan a Galicia a pasar o verán, e para o programa de “Atención urxente a persoas en risco de exclusión social” levado a cabo polo Centro de Desenvolvemento Rural “O Viso” coa colaboración de Cruz Vermella e Cáritas.

Un espectáculo para o que os organizadores teñen xa confirmada a actuación de Habitación Vudú, a charanga XL, PE & BOL e o Circo de los Muchachos, así como a participación de máis de 140 alumnos de Fusión. Para poder entrar no recinto o día das actuacións o público deberá depositar alimentos ou roupa, esta última tanto en boas coma en malas condicións.