O museo da Limia acolle a exposición e o libro "Unha vida de ra"

O arte de coller ras
O museo da Limia acolle a exposición e o libro "Unha vida de ra"

A exposición sobre "as ras" pódese ver no museo dende este sábado.

Coa asistencia de Xosé A. Xardón, director do museo, do coleccionista das ras Toño Blanco e co autor da obra \“Unha vida de ra\”, Rafael Laso , así como amigos do museo do autor e coa presenza tamén do alcalde de Vilar de Santos, levouse a cabo o dobre acto. A inauguración da exposición e mais a presentación da obra.

246Tomou a palabra Xardón para facer a presentación dos tres personaxes que falarían a continuación. Toño Blanco, Rafael Laso e como colofón Luís Fariñas, falaría da súa experiencia como \“raneiro\”, ademáis de agradecer a tódolos presentes a asistencia e a colaboración que todos prestan as diferentes actividades que se organizan dende o museo.

UNHA EXPOSICIÓN QUE ESTÁ MEDRANDO

Toño Blanco falou dos comezos da súa \“recolección\” de calqueira peza que tivera como estrela unha ra. Unha vez que os amigos o souberon, cada un que ía a un lugar e atopaba, calquera peza pequena ou non tanto que tivera a figura dunha ra achegáballa como recordo. Desta maneira case sen querelo se fixo coas mais de dous centos de ras de todo tipo, tamaño e cor. Nin que dicir ten, que a colección está aberta aínda hoxe en día a calquera doazón.

Unha vida de ra

Pasou logo a intervir Rafael Laso para presentar, como el sabe, escribindo, tanto a exposición como o seu libro. A presentación podémola ler integramente neste enlace.

A VIDA DUN \“RANEIRO\” NA ÉPOCA DA \“PESCA\”

Rematou o acto Luís Fariñas, para contar como foron os seus primeiros comezos, cando seu avó lle ensinaba a coller as ras, no portal da súa casa, e como foron tamén os últimos anos antes da prohibición de coller ras.

A súa intervención podémola visionar no seguinte vídeo.

Rematou o acto cunha tertulia sobre as ras e cunha proba das facultades de cada un tirando o xogo da ra.